Visítanos

Como chegar

Aeroporto

AEROPORTO DE ALVEDRO
O aeroporto da cidade da Coruña atópase no propio concello de Culleredo, na parroquia de Alvedro. Neste aeroporto podemos atopar conexións coas principais cidades do Estado: Madrid, Barcelona, Sevilla e Valencia, pero tamén ás illas de Gran Canaria ou Tenerife, e a capitais europeas coma Londres ou Lisboa. Para máis información sobre rutas e voos na páxina: www.aena.es

Dirección:
Alvedro
C.P. 15180 Culleredo

Teléfono: 981 18 72 00

Coordenadas:
43°18’08.4″N 8°22’42.2″W
43.302345, -8.378400

Tren

A estación máis próxima é a do Burgo – Santiago. Por este lugar pasan os trens con destino á Coruña, Ferrol e a Lugo – Ourense. Para información sobre horarios e prezos visitar a páxina web: www.renfe.com

Dirección:
Rúa Ramón Cabanillas s/n
15670 O Burgo

Coordenadas:
43°19’04.3″N 8°22’07.5″W
43.317846, -8.368752

Autobús

As principais empresas de transporte por autobús que circulan polo concello son Asicasa e Autos Cal Pita. A continuación se detallan as liñas na páxina web da empresa: autoscalpita.com/tarifas-horarios

A empresa Monbus ten parada tamén no seu traxecto por estrada a Santiago e a ruta ata a Illa da Toxa en Pontevedra. Para máis información de horarios e paradas: monbus.es

A empresa Autos Grabanxa na súa liña que une A Coruña con Choren tamén ten parada no noso concello. Para máis información na páxina web de: autosgrabanxa.es

Estrada

Culleredo atópase nun lugar de moi doado acceso, xa que conecta coas principais estradas de saída da cidade da Coruña: 

– Autoestrada AP9- A autoestrada do Atlántico vertebra a Galicia Atlántica de Norte a Sur. Estrada para ir a Ferrol, Santiago de Compostela, Pontevedra ou Vigo.

– Autovía A6- A A6 cruza o concello por Ledoño, Sésamo e Sueiro. Autovía que une con Carballo, Lugo, León e Madrid.

– AC- 14– Estrada de acceso e saída á cidade da Coruña, con enlaces á A6 en Ledoño e no Aeroporto. Comunica co aeroporto, co centro comercial Marineda City e os polígonos industriais, así coma co centro da Coruña.

– Nacional 550- Cruza o concello por Vilaboa, O Portádego e Alvedro. Estrada nacional que une con Santiago.

– AC-400– Estrada que une Sigrás (Cambre) con Muros. Cruza o Concello por Sueiro, Sésamo e Celas.

– AC- 211- Cruza o concello paralela á Ría do Burgo por Fonteculler e O Burgo e chega ata Coruña.