Compras

Comercio local e grandes superficies

En Culleredo existen as áreas comerciais do Burgo, Vilaboa ou Fonteculler, con tendas de alimentación e grandes superficies, pero tamén pequeno comercio local de téxtil e cousas para o fogar, librarías, farmacias… En definitiva, todo tipo de tendas que te farán non ter que saír do concello.

Ademais, na estrada nacional 550 que vai cara Santiago, atopamos a ampla superficie do The Style Outlets, unha basta área comercial con roupa das marcas máis destacadas internacionais e nacionais con descontos todo o ano.