Festas e Feiras
 

O Concello de Culleredo é moi activo, froito disto existen un amplo abano de eventos e actividades ao longo do ano das que se pode gozar. Dende as festas patronais, con moita sona na comarca, mercados templarios ou cabalgatas no Nadal, neste apartado vaise facer un calendario de festas para que os nosos visitantes gocen e saboreen a vida que temos en Culleredo!

A continuación aparece un pequeno almanaque, aínda que ao longo do ano ademais se pode atopar encontros e festivais de música tradicional, teatro, obradoiros…

XANEIRO

5 de xaneiro: cada 5 de xaneiro sae a Cabalgata das súas maxestades os reis magos de Oriente. Percorrendo as diferentes parroquias do municipio van facendo as delicias dos máis pequenos, e tamén dos maiores. Repartindo ilusión e caramelos, vixiando que todos se porten ben para pola noite repartiren os agasallos.

FEBREIRO

Entroido: unhas das celebracións máis típicas da nosa terra é a de entroido. Nesta especial época do ano os cullerdenses disfrázanse e participan en diferentes puntos do municipio. Atención especial merece o tradicional Entroido de Veiga, o luns de Entroido, coa romaría de San Blas onde se reúne a veciñanza do concello e arredores. Escoitan xuntos o testamento que cada ano en clave satírica comenta a actualidade local, autonómica, estatal e mesmo mundial. Non falta a música e o bo humor como todo entroido. O Entroido de Veiga viu recuperado por un conxunto de veciños e coa colaboración do Concello no ano 1984.

XUÑO

San Xoán: resulta doado atopar cacharelas espalladas polo municipio, ben sexa en casas particulares ou en locais de restauración, pero tamén organizadas pola veciñanza. Como ocorre na comarca o San Xoán é unha festa moi querida. E como di o refrán por San Xoán a sardiña molla o pan!

XULLO

• Burgo Jazz

• Festas das cereixas

• Mercado templario do Burgo de Faro

• Polo Pedrosiano

 

SETEMBRO

• Memorial Pequecho

 

OUTUBRO – NOVEMBRO

Magostos populares: entre eles destaca o de Celas, realizado no parque da torre de Celas. Cunha longa tradición, cada ano trae castañas, touciño, viño e queimada para gozar do comezo do frío do xeito máis tradicional. Todo acompañado con música.

 

Ademais, o segundo domingo de cada mes realízase o feirón!

 

Patronais

CANDO ONDE HONRA
Abril Celas de Peiro San Outelo
Xuño A Corveira
Xullo Peiro As Cereixas
Xullo Vilaboa Santísimo
Xullo Ledoño Virxe do Carme
Xullo O Burgo Apóstolo
Xullo Castelo Apóstolo
Xullo Sésamo San Cosme e San Damián
Agosto Almeiras Santísimo
Agosto Orro San Salvador
Agosto Celas Nosa Señora
Agosto Boedo San Roque
Agosto Veiga San Roque
Agosto Castro – Laxe Santa Bárbara e Virxe do Rosario
Agosto Castelo San Ramón
Setembro Culleredo San Roque e San Miguel
Decembro Vilaboa Virxe da O