Burgo Jazz

No Concello de Culleredo, os eventos son variados e para todo tipo de público, así é que os amantes do jazz teñen no concello unha cita de referencia.

Con máis de quince edicións ás costas, o Burgo Jazz adoita celebrarse a finais da primavera – comezos de verán, no Burgo. Marca unha ocasión perfecta para achegarse a este tipo de música, tan vivo, tan natural, improvisado, que o fai un espectáculo único.

 

Un ciclo de concertos nun marco incomparable como é o xardín botánico Ría do Burgo, unha ocasión para escoitar e gozar deste tipo de música.

Cando: xuño-xullo
Onde: Xardín botánico Ría do Burgo
Coordenadas:
43°19’14.9″N 8°22’24.8″W
43.320816, -8.373550