Feirón municipal
Un xeito de recordar quen somos é a través das nosas tradicións, e o feirón municipal é unha parte desa Galicia tradicional. Cada segundo domingo de mes celébrase no concello este evento. Diferentes postos de produtos alimenticios, enxoval, roupa ou complementos, que se colocan nas rúas Vicente Risco e Avenida de Rutis en Acea de Ama. Durante toda a mañá – de 10:00 a 15:00- pódense percorrer os diferentes espazos para mercar os produtos desexados.
Moito ollo ás polbeiras que farán a delicia dos padais máis esixentes!
Cando:
2º domingo de cada mes
Onde:
Rúas Vicente Risco e Avenida de Rutis
Coordenadas:
43°18’50.6″N 8°22’31.5″W
43.314062, -8.375402