Moi preto da torre de Celas atópase esta igrexa de orixe románica. Como sucede con moitas igrexas deste estilo, sufriu modificacións posteriores.
Trátase dunha igrexa cunha soa nave e ábsida cuadrangular, aínda que ten unha capela menor tamén chamada das Ánimas. O que máis destaca da súa feitura románica é unha pequena fiestra na cabeceira, pechada, con dúas arquivoltas con capiteis de estilo vexetal, ademais de canzorros de figuras zoomorfas e antropomorfas con outras xeométricas, os máis destacados do concello, e un tímpano cunha cruz. Xa no interior, con arco triunfal de medio punto e bóveda de canón, destacan o seus retablos, o maior barroco do século XVIII e os outros dous posteriores e xemelgos. A fachada é do século XIX.
Un lugar onde gozar dos monumentos que o rodean.
Onde:
Celas de Peiro (estrada ao Xalo, 107)
15198 Celas
Coordenadas:
43°14’58.4″N 8°24’26.2″W
43.249549, -8.407289