Cando: mes de setembro
Onde: explanada do paseo marítimo (acostuma a facerse tamén unha subida en moto a Culleredo)
Coordenadas:
43°18’59.5″N 8°21’41.0″W
43.316521, -8.361379
Dende o 2008 celébrase no concello o Memorial dedicado a Pequecho, un dos nosos veciños ilustres. No programa de actividades inclúese habitualmente unha subida en moto a Culleredo.
José Ramallo, máis coñecido por “Pequecho” pola súa pequena estatura, foi un cullerdense piloto de motos. Foi un dos tres pilotos galegos que correron no ano 1972 nunha carreira oficial no circuíto do Jarama, compartindo pista con outros nomes grandes como Ángel Nieto ou Ricardo Tormo. Esta paixón polo motociclismo levouno tamén a impulsar e organizar carreiras como a subida a Culleredo. Aínda que o seu destino ía ligado ao ciclismo, un accidente laboral levouno ao mundo do motor.
Na sede do Concello, en Culleredo, pódese visitar unha mostra dedicada á súa figura, cunha moto restaurada – a Derbi Ran- do propio “Pequecho”, réplica da orixinal de Ángel Nieto, así coma un equipamento empregado polo piloto.
Sen dúbida un veciño recordado e querido, que ten no seu memorial o mellor legado e loita contra o esquecemento.
Que ver e que facer en Culleredo