Polo Pedrosiano

Esta festa gastronómica estase a converter nun clásico dos veráns da comarca. Organizada pola asociación ADTL A Pedrosa, xa vai camiño dos dez anos de vida. 

Acompañados de cachelos e pementos, o polo picantón é o protagonista deste evento. Celébrase no mes de xullo, na primeira quincena, na parroquia de Orro.

Cando: Primeria quincena do mes de xullo
Onde: Parroquia de Orro
Coordenadas:
43°17’00.5″N 8°25’40.9″W
43.283466, -8.428015