Roteiro do Xalo e Os 7 Regos - BTT

Esta ruta está indicada para os amantes do cicloturismo en Bicicletas Todo Terreo (BTT), aínda que tamén se pode facer carreira pedestre e sendeirismo. O roteiro está deseñado de xeito que poda enlazarse con outros dous circuitos e poder realizar un gran circuito circular, unindo tres circuitos independentes, que exploran os concellos de Culleredo, Cambre e Carral. O itinerario atópase sinalizado.

A maior parte do percorrido do circuíto circular do Xalo e os sete regos transcorre polo Concello de Culleredo, aproximadamente uns 20 km. Realízase polos montes do Xalo, importante lugar da bisbarra onde deleitarse coa súa flora, fauna, restos arqueolóxicos e patrimonio etnográfico. Onde practicar escalada, recolección micolóxica e outras actividades relacionadas coa natureza. Ademais de polo Xalo, percorre a parroquia de Castelo e Celas de Peiro, coa súa torre e igrexa de Santa María e o interesante roteiro etnográfico do Rego das Xesteiras.

Inicio:
Todos os percorridos: igrexa de Santa María de Cambre
Percorrido por Culleredo: monte Xalo

Chegada:
Todos os percorridos: igrexa de Santa María de Cambre
Percorrido por Culleredo: Celas de Peiro

Distancia:
Todos os percorridos: 52 km
Percorrido por Culleredo: 20 km

Duracións en bicicleta:
Todos os percorridos: 4 – 5 horas
Percorrido por Culleredo: 3 horas

Dificultade:
Todos os percorridos: Depende do circuíto
Percorrido por Culleredo: Media – Alta

Coordenadas inicio/Chegada:
Todos os circuítos:
43°17’31.7″N 8°20’38.6″W
43.292146, -8.344053